sábado. 27.04.2024

A condutora do turismo, un Citroën C3, e o ocupante do asento do copiloto do todoterreo sinistrado, foron os ferido que presentaban peor prognóstico. Foron evacuados ao Centro de Saúde de Xinzo poucos minutos despois de se producir o accidente. Tamén foi evacuado o condutor do todoterreo, fillo do ferido.

Ao parecer o turismo, que entraba en Xinzo pola N-525, invadiu a rotonda cando o todoterreo estaba a facer o xiro. O impacto deixou o todoterreo sobre a rotonda con danos na parte dereita. Mentres, o vehículo acabou espetado contra o valado de protección da vía, estragando toda a parte dianteira. Saltou o airbag.

O accidente tivo lugar ao redor das once da mañá, nuns momentos en que a chuvia era constante e o tráfico en Xinzo moi intenso pola celebración da feira. 

Protección Civil e dúas patrullas da Policía Local restableceron o tráfico nas catro saídas da rotonda antes da chegada dos bombeiros, contra as 11:15 horas para limpar os restos dos vehículos espallados pola vía. A Garda Civil chegou pouco despois.

Ac12 (FILEminimizer)
A circulación quedou restablecida aos poucos minutos.
Ac14 (FILEminimizer)
O C3 parou contra o valado que protexe a vía na saída da rotonda en dirección Celanova.
ac15 (FILEminimizer)
O todoterreo desviouse da súa traxectoria tralo impacto e subiu pola rotonda.

 

ÚLTIMA HORA | Tres feridos nun choque na rotonda dos Institutos en Xinzo