sábado. 20.04.2024

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) levará a cabo unhas xornadas formativas que levan por título "Competencia intercultural, empregrabilidade e participación. Vías para a inclusión sociolaboral de persoas migrantes" cunha duración de 20 horas. Para poder obter o certificado de participación hai que asistir ao 80% do curso. Este seminario faráse durante os días 28, 29 e 31 de maio no salón de plenos do Concello.

  • Venres 28: Sesión introdutoria de 16:00 á 21:00 horas. Entrega de material, presentación dos contidos. Estarán presentes os expertos nesta materia: Alexandre Sotelino Losada, Ana Vázquez Rodríguez e Xosé Losada Enríquez.

 

  • Sábado 29: Trataránse nocións básicas como a competencia intercultural para a construción dunha traxectoria profesional no marco migratorio. Estará dirixida por Miguel Santos Regó e Jesús García Álvarez. Sobre as 13:30 horas entregaránse os diplomas "Educación e Participación Social: O coñecemento dos valores da sociedades de acollida".

 

  • Luns 31: Titoría individual telemática para o seguimento dos traballos, pautas e suxerencias de mellora.

 

Pódese realizar a inscrición na área de Educación, Inmigración e Minorías do Concello de Xinzo de Limia ou chamando ao 988 550 528.

A USC realizará en Xinzo un seminario sobre a inclusión sociolaboral das personas...