jueves. 25.04.2024

O Concello de Xinzo de Limia vén de presentar a programación dos festexos que ten preparados para celebrar o Entroido 2024. Unha chea de actividades que o van converter no Entroido mais longo do mundo. Velaí a programación completa.

20 de xaneiro: Petardazo

  • 23:00h: comezo da festa na Praza Carlos Casares, con A Gramola Tour Truck.
  • 00:00h: Petardazo que dá inicio ao Entroido 2024. Animación musical con Xituma Batuke, Charanga BCB e A Gramola Tour Truck.

21 de xaneiro: Domingo Fareleiro

  • 16:30h: saída dende o Museo Galego do Entroido do carro coa fariña.
  • 17:00h: comezo da farelada na Praza Maior.

27 de xaneiro: Colgamento do Meco

Entre lusco e fusco, o Meco percorrerá o casco vello dende o Museo Galego do Entroido acompañado de toda a comitiva do Entroido.

  • 22:00h: concerto de Tanto Nos Ten na Praza Maior.
  • 00:00h: concerto da Fanfarria Taquikardia na Praza Maior.

28 de xaneiro: Domingo Oleiro

Durante todo o día a música non descansará cos grupos: Tarde Piaches, Lirolailo, Os da Pedra Alta, Os Jalos d’Antioquía, Aimil e o grupo etnográfico A Buxaina por rúas e prazas. Dende a organización do Entroido solicitan ás persoas participantes que porten vestimentas de época, do estilo da primeira metade do século XX.

  • 12:00h: saída dende o Museo Galego do Entroido do carro coas olas.
  • 12:30h: Oleiro Infantil na Praza Maior.
  • 16:30h: saída dende o Museo Galego do Entroido do carro coas olas
  • 17:00h: Oleiro na Praza Maior e rúas do casco vello.
  • 20:30h: concerto de Lagharteiras e Coro Aimil.

3 de febreiro: Sábado de Corredoiro

  • 21:00h: baile pre-Corredoiro coa Orquestra Fuego (1º pase, na carpa da media-lúa do Toural).
  • 22:00h: Charanga Élite.
  • 23:00h: Charanga Armando Jarana.
  • 00:00h: baile pre-Corredoiro coa Orquestra Fuego (2º pase, na carpa da media-lúa do Toural)
  • 00:00h: Charanga Élite.
  • 01:00h: Charanga Armando Jarana.
  • 02:00h: Charanga Élite.

4 de febreiro: Domingo de Corredoiro

Primeiro día no que as Pantallas saen á rúa no Entroido 2024.

  • 12:00h: Charanga Armando Jarana.
  • 13:00h: Charanga Élite.
  • 14:00h: Charanga Armando Jarana.
  • 18:00h: Charanga Élite.
  • 19:00h: Charanga Armando Jarana.
  • 20:00h: Charanga Élite.
  • 21:00h: Charanga Armando Jarana.

9 de febreiro: Venres de Entroido

  • 11:30h: Gran Desfile Infantil polas principais rúas da vila, acompañado polas charangas Achicoria, Bandiños Band e El Tattoo.
  • 18:00h: Animación infantil na praza Maior.
  • 21:00h: Charanga BB+.
  • 22:00h: Charanga La Nota.
  • 23:00h: Charanga El Tattoo.
  • 00:00h: Charanga BB+
  • 01:00h: Charanga La Nota.

10 de febreiro: Sábado de Entroido

  • 12:00h: Charanga BBB.
  • 13:00h: Charanga Queloque’s Band.
  • 14:00h: Charanga BBB.

18:00h: Concerto da Agrupación Musical da Limia (na carpa da media-lúa do Toural).

  • 18:00h: Charanga La Nota
  • 19:00h: Charanga Achicoria
  • 20:00h: Charanga Queloque’s Band
  • 21:00h: Charanga Cubalibre

21:30h: Orquestra La Travesía (1º pase, na carpa da media-lúa do Toural)

  • 21:30h: Charanga Achicoria
  • 22:00h: Charanga Queloque’s Band
  • 22:30h: Charanga La Nota
  • 23:00h: Charanga Cubalibre
  • 23:30h: Festicultores Troupe

00:00h: Orquestra La Travesía (2º pase, na carpa da media-lúa do Toural)

  • 00:00h: Charanga Queloque’s Band
  • 00:30h: Xituma Batuke
  • 01:00h: Charanga Cubalibre
  • 01:30h: Festicultores Troupe
  • 02:00h: Charanga La Nota

11 de febreiro: Domingo de Entroido

  • 11:30h: Alborada coa Agrupación Musical da Limia
  • 12:00h: Charanga Queloque’s Band
  • 13:00h: Charanga Achicoria
  • 14:00h: Charanga Sound Band
  • 18:00h: Charanga Los Fugitivos
  • 19:00h: Charanga Cubalibre
  • 20:00h: Charanga Queloque’s Band
  • 21:00h: Charanga Sound Band
  • 22:00h: Charanga Cubalibre
  • 23:00h: Charanga Los Fugitivos
  • 00:00h: Charanga Sound Band
  • 01:00h: Charanga Cubalibre
  • 02:00h: Charanga Los Fugitivos

12 de febreiro: Luns de Entroido

  • 12:00h: Charanga Nova de Trives
  • 13:00h: Charanga El Tattoo
  • 14:00h: Charanga Sound Band
  • 18:00h: Charanga TOQ’s Band
  • 19:00h: Charanga Nova de Trives
  • 20:00h: Charanga TOQ’s Band
  • 21:00h: Charanga Los Fugitivos

21:30h: Orquestra La Travesía (1º pase, na carpa da media-lúa do Toural)

  • 22:00h: Charanga Sound Band
  • 22:30h: Charanga El Tattoo
  • 23:00h: Charanga Achicoria
  • 23:30h: Charanga Nova de Trives

00:00h: Orquestra La Travesía (2º pase, na carpa da media-lúa do Toural)

  • 00.00h: Charanga El Tattoo
  • 00:30h: Xituma Batuke
  • 01:00h: Charanga Sound Band
  • 01:30h: Charanga Achicoria
  • 02:00h: Charanga Los Fugitivos 

13 de febreiro: Martes de Entroido

  • 12:00h: Charanga BBB
  • 13:00h: Charanga Los Fugitivos
  • 14:00h: Charanga BBB

17:00h: Gran Desfile do Entroido 2024 (haberá 3000€ en premios)

  • 19:00h: Charanga Los Fugitivos
  • 20:00h: Charanga Achicoria
  • 21:00h: Charanga Los Fugitivos

14 de febreiro: Enterro da sardiña

  • 20:00h: solemne Procesión da Sardiña coa Agrupación Musical da Limia
  • 21:00h: Lectura do testamento que deixou a Sardiña na Praza Maior

17 de febreiro: Sábado de Piñata

  • 18:30h: Xogo da Cucaña na Praza Maior
  • 20:00h: verbena de Mascaritas e Capuchóns, coa animación musical do Trío Élite, na Praza Maior

18 de febreiro: Domingo de Piñata

  • 12:00h: Charanga Los 4 Gatos
  • 13:00h: Charanga La Nota
  • 14:00h: Charanga Los 4 Gatos

17:30h: Actividades infantís e obradoiros

  • 18:00h: Charanga Los 4 Gatos

19:00h: Orquestra Solara (na media-lúa do Toural)

  • 19:00h: Charanga La Nota
  • 20:00h: Charanga Los 4 Gatos
  • 21:00h: Charanga La Nota

ENTROIDO 2024 | Velaquí o programa completo para gozar do Entroido de Xinzo