miércoles. 20.05.2026

A pataca segue xerando músculo e gañando peso específico dentro da agricultura galega, aínda que continúa afrontando importantes desafíos para garantir a súa rendibilidade. Nese contexto celebrarase a VI edición de Alimagro, a Feira do Agro da Limia, que converterá a Xinzo de Limia no gran escaparate do sector entre o 5 e o 7 de setembro.

 

Esta nova edición contará coa tradicional Feira da Pataca, no polideportivo municipal, e coa Feira da Maquinaria, que se instalará arredor do Parque do Toural e a rúa Dous de Maio. Ambas citas reunirán as principais empresas do sector agrario galego e estatal, con exposicións das últimas novidades, produtos e tecnoloxías aplicadas á agricultura.

Cartel da VI edición de Alimagro.
Cartel da VI edición de Alimagro.

 

 

Como anticipo, o xoves 4 de setembro terá lugar a III Xornada Técnica da Pataca, organizada pola Revista Campo. Este foro profesional porá o foco na sanidade vexetal, na eficiencia da fertilización e na xestión da auga para o regadío, aspectos clave para aumentar a produtividade e a calidade deste cultivo estratéxico para a comarca da Limia.

 

Recoñecida como unha das dez principais feiras do agro en España, Alimagro está organizada polo Concello de Xinzo e consolídase como unha cita imprescindible para profesionais e empresas do sector, afianzando o papel do municipio como referente agrario no noroeste peninsular.

 

Máis información e inscricións: alimagro.es/gl

A VI edición de Alimagro chega a Xinzo cunha aposta pola innovación e a rendibilidade...