viernes. 26.04.2024
Durante todo o verán

Vilar de Barrio promove os valores do ano xacobeo co programa "Un Camiño Asolagado"

O Concello de Vilar de Barrio presenta o programa "Un Camiño Asolagado" en colaboración coa Xunta de Galicia no marco do programa "O teu Xacobeo". Haberá actividades culturais, deportivas e gastronómicas durante todo o verán. 

 

O acto de presentación tivo lugar esta mañá e nel, encontrábase o xefe Territorial de Turismo da Xunta de Galicia, Manuel Pardo, e o rexedor municipal, Manuel Conde. Conde afirma que con este programa o que se pretende é "potenciar os valores xacobeos de apertura ao coñecemento e o intercambio entre culturas en igualdade co orgullo polo propio".

 

A partires deste mércores comenzarán os primeiros faladoiros para recuperar a tradición oral asociada aos camiños históricos. No mes de agosto faranse varias convocatorias nocturnas para coñecer o "camiño das estrelas". Toda a información e inscricións está presentes na páxina web www.celtiatravel.com

Presentación do programa %22Un Camiño Asolagado%22 en Vilar de Barrio.
Presentación do programa "Un Camiño Asolagado" en Vilar de Barrio.
Vilar de Barrio promove os valores do ano xacobeo co programa "Un Camiño Asolagado"