viernes. 19.04.2024

A asociación cultural Civitas Limicorum vén de anunciar a través da súa rede social de Facebook que, o próximo 22 de agosto, contarán coa presenza de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre na Festa do Esqvcemento XXI de Xinzo de Limia. 

Cartel do concerto Cartel do evento

Xabiar Díaz é un cantante, compositor, investigador e compilador de música tradicional, formou parte de Rumbadeira, Nova Galega de Danza, aCadaCanto e Berrogüetto.

O concerto será na Alameda do Toural ás 20:30 horas. O custe da entrada é de 15€. Para solicitar calquer información pódese chamar aos números de teléfono 649 65 76 27 ou 678 12 06 07. 

A Festa do Esqvecemento contará coa presenza de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre