miércoles. 08.05.2024

A alcaldesa do Concello de Xinzo, Elvira Lama, e as coordinadoras de medicina e enfermería do Centro de Saúde da localidade, Cristina Margusino e María José Feijóo, mantiveron unha reunión para dar o primeiro paso para a elaboración dun Plan Local de Saúde. Ademáis, tamén participou o concelleiro de Saúde, Alberto Martínez. Esta iniciativa púxose de manifesto nas xornadas de Atención Primaria que tiveron lugar o pasado cinco de xuño. 

Entre os obxectivos do plan están:

  • Promoción de estilos de visa saudable.
  • A detección de problemas na saúde da cidadanía
  • A identificación de necesidades ou das enfermidades predominantes entre a poboación.

Tanto Lama como as responsables do Centro de Saúde destacaron que esta "é unha ferramenta indispensable para deseñar e planificar actuacións que permitan mellorar, promover e protexer a saúde da cidadanía". 

A seguinte reunión será na segunda semana de xullo, cando xa se irán incorporando aos traballos persoas dos diferentes servizos tanto de Atención Primaria como das áreas de Sanidade e Social do Concello. 

Xinzo elaborará un Plan Local de Saúde para protexer a poboación