sábado. 27.04.2024

O Concello de Xinzo de Limia consegue unha subvención do Goberno central que aportará case 1.500 millóns de euros. Mentres tanto, as arcas municipais destinarán unha cifra de 375.000 euros para a substitución de 4.610 vellas luminarias por LEDs. Con isto, o executivo local prevé rebaixar a cantidade da factura da luz anual e a contaminación ambiental así como mellorar a calidade da iluminación.

Esta actuación desenvolverase ao longo de dous anos e suporá o cambio das lámpadas de todo o alumeado público do termo municipal, tanto da vila como dos 32 núcleos de poboación. 

Xinzo consegue unha subvención para a substitución de 4.610 vellas luminarias