martes. 10.12.2024

A comunidade educativa do Concello de Xinzo amenciu hoxe cunha triste noticia que impactou profundamente a todo o profesorado do CEIP Rosalía de Castro. María del Carmen Vaz Martínez, mestra de educación primaria do colexio, falecía hoxe repentinamente a causa dun infarto. A finada era veciña de Catrelo do Val e tan só contaba con 56 anos de idade.

Moitos dos achegados xa amosaron o seu sentido pésame ante tal acontecemento. Mesmo a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, anunciou publicamente -e en nome de toda a corporación municipal e veciñanza- o gran pesar que supón a súa perda.Esquela da mestra falecida, María del Carmen Vaz Martínez.Esquela da mestra falecida, María Carmen Vaz Martínez. | FOTO: Tanatorio La Paz.

NOTICIAS A LIMIA | Consternación en Xinzo pola morte dunha das mestras do CEIP Rosalía...