sábado. 20.04.2024

O Concello de Xinzo contratará a persoal para levar a cabo as tarefas de prevención de incendios forestais. A empresa que resulte elexida e as dez persoas contratadas comenzarán a traballar o 15 de xullo. Ademais, está previsto contratar a tres condutores de motobomba. Os traballos que realizarán as brigadas comprenden actuacións de roza nas seguintes parroquias: Gudín, Novás, Moreiras, San Pedro, Baronzás, Boado, Pidre, Piñeira Seca, Solveira, Trandeiras, Soutelo de Pena, Pena, Seoane, Fiestras, Damil, San Vitoiro e Laroá. A superficie total ascende a 20 hectáreas.

Ao mesmo tempo, realizaranse traballos de vixilancia e defensa contra os incendios forestais. O orzamento de licitación ascende a máis de 70 mil euros e a duración do contrató será de tres mes dende a firma do mesmo. 

Xinzo contratará persoal para a prevención de incendios forestais