miércoles. 20.05.2026

O Concello de Xinzo de Limia presentou este venres a programación oficial do Entroido 2026, unha edición que promete marcar récords. Do 24 de xaneiro ao 22 de febreiro, a vila converterase no epicentro do inverno galego cun calendario que combina a tradición máis pura con grandes eventos musicais pensados para atraer a milleiros de visitantes e dinamizar a economía local.

Cartel do Entroido de Xinzo 2026.
Cartel do Entroido de Xinzo 2026.

Grandes nomes para grandes días

A aposta musical deste ano é ambiciosa. O ciclo abrirase o sábado 24 de xaneiro co "Petardazo", que contará coa actuación estelar de Henry Méndez xunto á Orquestra Origen. Outro dos pratos fortes chegará o venres 13 de febreiro coa II Festa Glam, onde o icónico grupo Locomía traerá os seus abanos e ritmos inconfundibles. As verbenas tamén terán protagonistas de luxo: a París de Noia actuará o Domingo Corredoiro, mentres que as orquestras Miramar e Compostela poñerán o broche o Domingo de Entroido e o Domingo de Piñata, respectivamente.

Máis de 70 pases de música na rúa

Para que o ambiente non decaia nin un minuto, o Concello realizou un despregamento sen precedentes na animación de rúa. Máis de 25 agrupacións ofrecerán máis de 70 pases musicais durante as cinco semanas de festa. Nomes imprescindibles como as charangas Achicoria, Élite, La Nota, BCB ou Stacazzo compartirán protagonismo con propostas alternativas como La Duendeneta e a potencia dos Festicultores Troupe o Luns de Entroido. A música tradicional e folk terá o seu espazo destacado con A Requinta da Laxeira e o concerto de Os D'Abaixo tras o Colgamento do Meco.

O ciclo ritual, intocable Máis aló dos focos, o Entroido de Xinzo mantén intacta a súa esencia. O ciclo comezará o día 25 co Domingo Fareleiro, seguido do Colgamento do Meco (31 de xaneiro) e o Domingo Oleiro (1 de febreiro). A emoción desbordarase o Domingo Corredoiro (8 de febreiro), momento no que as Pantallas farán a súa primeira aparición oficial, saíndo para impor a súa lei nas rúas e dar sentido a toda a celebración.

 

PROGRAMACIÓN ENTROIDO XINZO DE LIMIA 2026 Do 24 de xaneiro ao 22 de febreiro

SÁBADO 24 DE XANEIRO – PETARDAZO (Praza Carlos Casares)

  • 21:00 - 23:45 h: Orquestra ORIGEN.

  • 23:30 - 00:30 h: HENRY MÉNDEZ en concerto.

  • 00:00 - 00:01 h: Petardazo de benvida ao Entroido 2026.

    PETARDAZO-45
    Petardazo 2025 en Xinzo de Limia. | FOTO: Noelia Caseiro
  • 00:30 - 01:15 h: Pasarrúas con Xituma Batuke.

  • 00:45 - 03:00 h: Disco móbil Apocalipsis (Praza Maior).

  • 01:15 - 02:15 h: Pasarrúas coa charanga Achicoria.

  • 02:15 - 03:00 h: Pasarrúas con Xituma Batuke.

DOMINGO 25 DE XANEIRO – DOMINGO FARELEIRO

  • 17:00 h: Reparto da Fariña e comezo das FARELADAS na Praza Maior e casco vello da Vila.

    Domingo Fareleiro. | FOTO: Noelia Caseiro.

SÁBADO 31 DE XANEIRO – COLGAMENTO DO MECO

  • Saída do Meco: Dende o Museo Galego do Entroido ata a Praza de Oriente.

  • Entre lusco e fusco: Saída do Meco dende a Praza de Oriente ata a Praza Maior.

    • Percorrido: Rúa Galicia, Rúa da Sé, Rúa Santa Mariña, Rúa do Peto, Avda. de Ourense e remate na Praza Maior.

      colgamento meco 25-64
      Colgamento do Meco no ano 2025. | FOTO: Noelia Caseiro.
  • 21:00 h: Concerto The Tetas' Van (Praza Maior).

  • 22:00 h: Concerto Os D'Abaixo (Praza Maior).

DOMINGO 1 DE FEBREIRO – DOMINGO OLEIRO

  • 12:30 h: Saída do Carro das Olas dende o Museo do Entroido.

  • 13:00 h: Oleiro Infantil na Praza Maior.

    • Animación: Pasarrúas con A Requinta da Laxeira e grupos locais.

      Oleiro Infantil 2025. | FOTO: Noelia Caseiro.
      Oleiro Infantil 2025. | FOTO: Noelia Caseiro.
  • 16:00 h: Saída do Carro das Olas dende o Museo do Entroido acompañado por A Requinta da Laxeira e o Coro Aimil.

  • 16:30 h: OLEIRO na Praza Maior e polas rúas do Casco Vello.

    oleiro 25-033
    Oleiro na Praza Maior no 2025. | FOTO: Noelia Caseiro.
  • Durante o día: Animación de rúa cos grupos A Requinta da Laxeira, Tarde Piaches, Lirolaio, Os da Pedra Alta, Aimil Folck e Os Galos de Antioquia.

SÁBADO 7 DE FEBREIRO – SÁBADO DE CORREDOIRO

  • 20:00 h: Festival Novas Músicas (Praza San Roque).

    • Isma B b2b Alex Vigo.

    • Skarmenta b2b Eyra.

    • Jay Rodric b2b Jackloops.

    • 9noa.

  • Pasarrúas:

    • 21:15 - 22:00 h: Bloco Trifulka (Batucada).

    • 22:00 - 23:00 h: Armando Jarana.

    • 23:00 - 00:00 h: Sound Band.

    • 00:00 - 00:45 h: Bloco Trifulka (Batucada).

    • 00:00 - 01:00 h: Armando Jarana.

    • 01:00 - 02:00 h: Sound Band.

    • 02:00 - 03:00 h: Armando Jarana.

DOMINGO 8 DE FEBREIRO – DOMINGO DE CORREDOIRO

  • 12:00 h: Xuntanza de Pantallas no Museo Galego do Entroido.

    • Percorrido: Saída cara a Praza Maior, Rúa Dous de Maio, Avda. de Madrid, Avda. Ourense e Praza Maior.

  • 19:00 - 22:00 h: Actuación da Grande Orquestra PARÍS DE NOIA (Praza San Roque).

  • Pasarrúas:

    • 12:00 - 13:00 h: Sound Band.

    • 13:00 - 14:00 h: Armando Jarana.

    • 14:00 - 15:00 h: Sound Band.

    • 18:00 - 19:00 h: Sound Band.

    • 19:00 - 20:00 h: Armando Jarana.

    • 20:00 - 21:00 h: Sound Band.

    • 21:00 - 22:00 h: Armando Jarana.

VENRES 13 DE FEBREIRO – VENRES DE ENTROIDO

  • 11:30 - 13:00 h: Gran Desfile Infantil.

    • Percorrido: Avda. de Madrid (cruce San Sebastián), Avda. de Ourense, Rúa Marcelo Macías e remate no CEIP Carlos Casares.

    • Charangas: A Felga, Tatoo, CLK, Bandiños Band e Achicoria.

      Desfile intantil no 2025. | FOTO: Noelia Caseiro.
      Desfile intantil no 2025. | FOTO: Noelia Caseiro.
  • 18:00 - 19:30 h: Festa de animación infantil na Praza Maior.

  • 21:00 h: II FESTA GLAM coa actuación estelar de LOCOMÍA.

    Locomía actuará o venres de Entroido.
    Locomía actuará o venres de Entroido.
  • 23:30 h: Bloco Trifulka Batucada.

  • Pasarrúas:

    • 22:00 - 23:00 h: Charanga La Nota.

    • 23:00 - 00:00 h: Charanga Élite.

    • 00:00 - 01:00 h: Charanga La Nota.

    • 01:00 - 02:00 h: Charanga Élite.

SÁBADO 14 DE FEBREIRO – SÁBADO DE ENTROIDO

  • 18:00 h: Festival da Canción Humorística do Entroido 2026 (Praza Maior).

  • Pasarrúas Mañá e Tarde:

    • 12:00 - 14:00 h: Charanga La Nota.

    • 14:00 - 15:00 h: Charanga Élite.

    • 18:00 - 19:00 h: Charanga Élite.

  • Pasarrúas Noite:

    • 19:00 - 20:00 h: Charanga Los Fugitivos.

    • 20:00 - 21:00 h: Charanga Patalea.

    • 21:00 - 22:00 h: Charanga Élite.

    • 22:00 - 23:00 h: Charanga Achicoria.

    • 23:00 - 00:00 h: Charanga Los Fugitivos / Charanga Louband.

    • 00:00 - 01:00 h: Charanga Achicoria / Charanga Patalea.

    • 01:00 - 02:00 h: Charanga Los Fugitivos.

    • 01:00 - 02:30 h: Charanga Louband.

    • 02:00 - 03:00 h: Charanga Patalea.

DOMINGO 15 DE FEBREIRO – DOMINGO DE ENTROIDO

  • 13:00 - 14:00 h: Concerto estático Charanga BB+ (Praza Maior).

  • 19:00 - 22:00 h: Orquestra MIRAMAR (Praza de San Roque).

  • 22:00 - 01:00 h: LA DUENDENETA (Praza Maior).

  • Pasarrúas:

    • Mañá/Tarde: Charanga Patalea, Achicoria, Animación Brassdas.

    • Noite: Charanga Fugitivos, BB+, Animación Brassdas, Achicoria.

LUNS 16 DE FEBREIRO – LUNS DE ENTROIDO

  • 13:00 - 14:30 h: Sesión Vermú con LA DUENDENETA (Praza Maior).

  • 18:00 - 19:30 h: Animación Infantil (Praza Maior).

  • 01:00 h: Concerto con FESTICULTORES TROUPE (Praza Maior).

  • Pasarrúas:

    • Mañá: BB+, Brass Dass, Achicoria.

    • Noite: Brass Dass, BB+, BCB, Bloco Trifulka, Achicoria, Stacazzo.

MARTES 17 DE FEBREIRO – MARTES DE ENTROIDO

  • 17:00 h: GRAN DESFILE DO ENTROIDO 2026.

    • Animado polas charangas: Nova Trives, A Felga, Bandiños Band e CLK.

  • 19:00 - 22:00 h: Grupo M3 (Praza San Roque).

  • Pasarrúas:

    • Mañá/Tarde/Noite: Charanga Bandiños Band, BCB, Grupo Stacazzo.

MÉRCORES 18 DE FEBREIRO – MÉRCORES DE CINSA

  • 20:00 h: Solemne Procesión coa Sardiña.

    • Acompañada da Agrupación Musical da Limia.

    • Percorrido: Praza Maior, San Roque, Toural, Dous de Maio, Avda. Madrid, Avda. Ourense, Praza Maior.

  • 21:45 h: Testamento da Sardiña (Praza Maior).

  • 22:30 h: Queima da Sardiña (Praza Carlos Casares).

    Enterro da sardiña en Xinzo de Limia. | FOTO: Noelia Caseiro.
    Enterro da sardiña en Xinzo de Limia. | FOTO: Noelia Caseiro.

SÁBADO 21 DE FEBREIRO – SÁBADO DE PIÑATA

  • 18:00 h: Festa da Cucaña (Praza Maior).

  • 20:00 h: Baile de Mascaritas e Capuchóns coa animación musical do Dúo Élite (Praza Maior).

DOMINGO 22 DE FEBREIRO – DOMINGO DE PIÑATA

  • 17:00 h: Festa da Piñata (Praza Maior).

  • 19:00 - 22:00 h: Actuación da Orquestra COMPOSTELA.

  • 19:30 h: Entrega de premios do desfile Entroido 2026.

  • 21:00 h: Descolgamento do Meco (Praza Maior).

  • Pasarrúas: Pacharanga Sound Leon e Charanga BCB durante todo o día.

Xinzo desvela o seu Entroido'26: Henry Méndez, Locomía e París de Noia lideran cinco...