Xoves. 28.03.2024

Xinzo quere eliminar 4.610 vellas luminarias e substituílas por 615 LED no casco urbano da localidade despois de que o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) dera luz verde a este proxecto. Esta actuación desenvolverase en dous anos a través de sete proxectos que suporán o cambio das lámpadas de todo o alumeado público da vila como dos 32 núcleos da población. Con isto, o aforro será de case un 70% sobre a factura anual da luz.

Esta inversión conta cun presuposto inicial de 274.866€. Para esta substitución o Estado aportará casi 1.500.000€, e as arcas municipais correrán cos gastos de 375.000€.

A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, celebra esta concesión de axudas porque, afirma que "este primeiro paso nos permitirá reducir nun 70% a factura eléctrica".

Con esta medida non só se aforraría na factura, senón que a calidade da iluminación melloraría e a contaminación sería menor ao reducirse as emisións de CO2. 

Xinzo reducirá a factura eléctrica coa instalación de 615 LEDs