martes. 19.05.2026

Concello de Xinzo de Limia, a través da Concellería de Festexos e Xuventude, abre o prazo de inscrición para o gran desfile do 17 de febreiro de 2026, unha das citas centrais do Entroido. O desfile dará comezo ás 17:00 horas e repartirá un total de 3.000 euros en premios entre as mellores propostas participantes.

Establécense catro categorías de participación. Na modalidade de carrozas, outorgarase un primeiro premio de 900 euros e un segundo de 800 euros. As comparsas, cun mínimo de 8 persoas, optarán a un primeiro premio de 500 euros e un segundo de 400 euros. Para os colectivos de menos de 8 compoñentes, os premios serán de 250 euros para o primeiro posto e 150 euros para o segundo. Ademais, inclúese unha mención especial dotada con 100 euros.

As persoas e colectivos interesados poderán inscribirse ata o 10 de febreiro, ben a través do correo electrónico entroidodexinzodelimia@gmail.com ou de maneira presencial na Biblioteca Municipal.

Xinzo repartirá 3.000 euros no concurso de comparsas e carrozas