Xinzo de Limia prepárase para vivir un Nadal diferente, deseñado para encher de vida tanto as rúas da vila como os centros sociais das aldeas. O Concello vén de presentar unha programación cultural que destaca pola súa ambición e, sobre todo, polo seu carácter social: desde o 13 de decembro ata o 6 de xaneiro, a veciñanza poderá gozar dunha axenda de primeiro nivel na que toda a programación será de acceso gratuíto.
Unha decisión que, tal e como salienta o alcalde, Amador Díaz, busca "que ninguén quede na casa nestas datas", apostando por un Nadal "de reencontros, de ilusión e, ante todo, para todas as familias sen excepción". Pola súa banda, o concelleiro de Cultura, Carlos Gómez, pon en valor o "salto de calidade" deste ano, asegurando que se logrou "un equilibrio perfecto entre os grandes espectáculos mediáticos e a necesaria dinamización cultural das nosas parroquias cunha programación das mellores de Galicia, á altura das grandes cidades".
Tradición e recoñecemento ao talento local
Máis alá das grandes novidades, o Nadal en Xinzo mantén viva a súa esencia máis tradicional e o recoñecemento ao esforzo dos veciños. A programación recupera citas imprescindibles no calendario local como a Gala da Cultura e a Gala do Deporte, dúas xornadas deseñadas para poñer en valor e premiar o talento artístico e deportivo da vila. Así mesmo, a maxia máis clásica ten as súas datas marcadas en vermello para a infancia: a tradicional recepción de Papá Noel na Praza Maior e a gran Cabalgata de Reis, garantes da ilusión que nunca pode faltar nestas datas.
Unha aposta firme polo lecer familiar e os grandes musicais
Unha das xoias da coroa desta programación será o musical oficial de Tadeo Jones: "A Táboa Esmeralda", que aterra na Casa da Cultura o 3 de xaneiro. Trátase dunha produción de gran formato, avalada por Mediaset, que sitúa a Xinzo no circuíto dos grandes espectáculos. A oferta infantil complétase co regreso do imprescindible Limialandia, que transformará o pavillón de deportes nun gran parque de xogos do 31 de decembro ao 6 de xaneiro, xunto con propostas como "Os Bolechas" ou o musical "A Maxia dos Contos".
Música: do Gospel internacional ao orgullo da Banda
No apartado musical, o público poderá vibrar coa espectacularidade do coro Black Light Gospel Choir con Rebeca Rods e coa nostalxia do pop grazas ao tributo a La Oreja de Van Gogh e á banda de versións En Mala Hora. Porén, o momento máis emotivo será o 28 de decembro co 20º aniversario da Agrupación Musical da Limia, que celebrará dúas décadas de historia cunha gala especial acompañada polo solista Antonio Barros, un evento clave para entender a saúde cultural da vila.
Unha axenda diaria: rúa, formación e cultura
A programación complétase cunha actividade continua que mantén o pulso da vila. Haberá espazo para a formación con diversos obradoiros na Casa da Cultura e para a creatividade local coa actuacións das Escolas de Gaitas e Danzón. A cultura máis intimista chegará da man do concerto de Emilio Rúa e Carlos Caneiro e da exposición "Destino" de Manuel Valcárcel. Ademais, o ambiente festivo tomará a rúa con citas como o aniversario da Charanga Achicoria ou as divertidas Prebadaladas do 31 de decembro.
Nadal nos Pobos: vertebrar o territorio
Fuxindo de centralizar toda a actividade no casco urbano, o Concello activa un ano máis a iniciativa "Nadal nos Pobos". Durante varias xornadas de decembro, a maxia das festas percorrerá o rural levando música, teatro e agasallos a un total de 11 localidades, incluíndo Baronzás, Morgade ou Piñeira Seca, entre outras. O obxectivo é que o espírito do Nadal chegue a cada recuncho do municipio.
PROGRAMACIÓN COMPLETA DÍA A DÍA
● 13 dec (Sábado):
-
Inicio oficial da programación de Nadal en Xinzo.
-
Aniversario da Charanga Achicoria | 19:00 h | Praza Maior.
A Charanga Achicoria nas pasadas Fallas de Valencia.
● 18 dec (Xoves):
-
Apertura da exposición "Destino: unha peregrinación" de Manuel Valcárcel (ata o 16 de xaneiro) | Casa da Cultura.
Exposición: DESTINO. -
Concerto de Emilio Rúa & Carlos Caneiro ("Cánticos de Luz e Nadal") | 20:00 h | Igrexa Vella.
● 19 dec (Venres):
-
Festival da Escola de Gaitas & Percusión | 20:00 h | Auditorio Ángel Cocho.
Festival de Nadal da Banda Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo de Limia.
● 20 dec (Sábado):
-
Nadal nos Pobos: Baronzás (12:00), Morgade (16:00), San Pedro (17:45), Laroá (18:15).
Nadal nos Pobos 2025. -
Obradoiro de Figuriñas de Nadal | 12:00 h | Casa da Cultura.
-
Obradoiro de Crochet | 16:00 h | Aula 1 Casa da Cultura.
-
Gala de Nadal da Escola Danzón | 17:00 h | Auditorio Ángel Cocho.
Gala de Nadal da Academia de Baile Danzón no 2024. | FOTO: Noelia Caseiro.
● 21 dec (Domingo):
-
Concerto de Gospel con Rebeca Rods & Black Light Gospel Choir | 12:00 h | Igrexa Nova.
Rebeca Rods y Black Light Gospel Choir.
● 22 dec (Luns):
-
Nadal nos Pobos: Rebordecha (12:00), Boado (13:00), Mosteiro (17:15), Ganade (18:15).
-
Os Bolechas: "Lamberetadas de Nadal" | 19:00 h | Auditorio Ángel Cocho.
● 23 dec (Martes):
-
Nadal nos Pobos: Gudín (16:00), Parada de Ribeira (17:15), Piñeira Seca.
-
Tributo a La Oreja de Van Gogh ("Cuéntame al oído") | 20:00 h | Auditorio Ángel Cocho.
Tributo La Oreja de Van Gogh.
● 24 dec (Mércores):
-
Recepción de Papá Noel | 17:00 h | Praza Maior.
Visita de Papa Noel no 2024. | FOTO: Noelia Caseiro.
Fin de Ano: Galas, Tradición e Festa
● 26 dec (Venres):
-
Visita a Pazolandia (pola mañá).
-
Obradoiro de Feltro | 12:00 h | Casa da Cultura.
-
Gala da Cultura | 20:00 h | Auditorio Ángel Cocho.
Gala da Cultura 2024. | FOTO: Noelia Caseiro.
● 27 dec (Sábado):
-
Torneo Solidario (durante o día) | Pavillón de deportes.
-
Obradoiro de Crochet | 16:00 h | Aula 1 Casa da Cultura.
-
Obradoiro de Baile Tradicional con Artur Puga + Concerto Enxebres de San Lázaro | 18:00 h | Casa da Cultura.
● 28 dec (Domingo):
-
Torneo Solidario (durante o día) | Pavillón de deportes.
-
Gala do 20º Aniversario da Agrupación Musical da Limia con Antonio Barros | 20:00 h | Igrexa Nova.
Concerto 20 aniversario da Agrupación Musical da Limia.
● 29 dec (Luns):
-
Musical Infantil "A Maxia dos Contos" | 18:00 h | Auditorio Ángel Cocho.
Musical: La Magia de los Cuentos. -
Gala do Deporte | 20:00 h | Pavillón de deportes.
Gala do Deporte 2024. | FOTO: Noelia Caseiro.
● 30 dec (Martes):
-
Levántate e baila: Concerto de En Mala Hora | 20:00 h | Auditorio Ángel Cocho.
Concerto "Levantate e Baila" de En Mala Hora.
● 31 dec (Mércores):
-
Prebadaladas coa charanga | 12:00 h | Adro da Igrexa Vella.
Prebadaladas 2024 en Xinzo de Limia. | FOTO: Noelia Caseiro.
Ano Novo e Reis: O Gran Final
● 31 dec - 6 xan:
-
Limialandia | Pavillón de deportes.
Limialandia na pasada edición do 2024.
● 2 xan (Venres):
-
Obradoiro de Cartas aos Reis Magos | 12:00 h | Casa da Cultura.
● 3 xan (Sábado):
-
Musical Infantil: Tadeo Jones e a Táboa Esmeralda | 18:30 h | Auditorio Ángel Cocho.
O Musical de Tadeo Jones chega a Xinzo de Limia.
● 4 xan (Domingo):
-
"Sen máis": Concerto da Banda de Gaitas & Percusión | 18:30 h | Auditorio Ángel Cocho.
Concerto de Ano Novo "Sen Máis".
● 5 xan (Luns):
-
Cabalgata e Recepción dos Reis de Oriente | 17:00 h | Saída da Praza Carlos Casares.
Visita dos Reis Magos a Xinzo de Limia no 2025. | FOTO: Noelia Caseiro. -
Concerto de Los Chamachuelos | 20:00 h | Praza Maior.
-
Discomóbil Apocalipsis | 00:00 h | Praza Maior.
