lunes. 11.11.2024

A Xunta de Galicia anunciou esta mañá as obras de escavación, consolidación e acondicionamento no castelo da Pena por importe preto de 250.000€. Estas melloras están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e a alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama Fernández, visitaron a zona hoxe. 

Alén explicou que o prazo de execución será de nove meses e, durante ese tempo, desenvolverase traballos de investigación, documentación, escavación, consolidación e acondicionamento do recinto. O delegado territorial sinalou que tamén se pretende realizar un acondicionamento do circuíto e a sinalización mediante carteleira para que os visitantes poidan realizar un percorrido auto guiado. 

A fortaleza da Pena está declarada ben de interese cultural e os terreos onde se empraza son propiedade da Xunta de Galicia. 

A Xunta acondicionará o castelo de Pena