lunes. 09.12.2024

A sétima asemblea da Unión Local da CIG de Verín e A Limia rematou esta mañá na Casa da Cultura de Verín coa elección de Óscar Núnhez Álvarez como novo secretario do sindicato maioritario nestas comarcas e a designación dunha Executiva composta por sete afiliados.

Xunto a Óscar Núnhez, traballador do sindicato en Verín, forman parte desta comisión Melanie Arias Puccio, Afonso Fernández Diéguez, Begonha Alonso Santamarina, Miguel Barrios Rodríguez, Rosa Eva Fernández Pereira e Perfecta Losada Sotelo. De todas elas, só continúa Begonha Alonso, da etapa de Luís Ferreiro como secretario do sindicato.

Na asemblea participaron "o máximo número de persoas" permitido polas normas covid no espazo da Casa da Cultura, e houbo afiliados que quedaron fóra do local, segundo informa a CIG. O informe de xestión da Executiva saínte aprobouse por unanimidade.

No discurso de clausura interveu o novo secretario da Unión Local da CIG, Óscar Núnhez, quen agradeceu o apoio recibido pola súa candidatura, así como o traballo realizado pola anterior comisión. Unha vez rematada a asemblea, os asistente gozaron dun acto de confraternización con petiscos e viño galego, informa o sindicato.
 

NOTICIAS A LIMIA | Óscar Núnhez Álvarez, novo secretario da Unión Local da CIG de Verín...