O propietario negouse a regalar as femias

NOTICIAS A LIMIA | O dono dos cans desnutridos de Calvos recúa e cede a custodia dos machos

Mastín en estado de abandono en Calvos de Randín.

Pro Animales Xinzo informou hoxe dunha boa nova relacionada cos cans que se atopaban en estado de malnutrición nunha granxa de Calvos de Randín. Según a entidade, o dono dos animais entregara este venres os cachorros e o mastín macho a unha persoa anónima que se comprometera a facerse cargo deles de xeito responsable. Tamén o axudará outro individuo para proporcionarlle axuda coma casa de acollida. Pola contra, o propietario dos cans negouse a regalar as femias, aínda que se comprometeu a darlles os coidados que necesiten.

Unha vez fóra da granxa, os animais foron levados de inmediato a un centro veterinario para ver o seu estado de saúde. O can adulto tivo que ser tratado cunha dose de tratamento para a sarna -Ivermectina- . Tamén se observou que estaba moi feble, pois apenas tiña fora para camiñar, e o seu peso estaba moi por debaixo do recomendado para un animal da súa idade e raza. As crías estaban a padecer diarreas, contaban con pulgas, e sospéitase de puideran ter lombrigas -séguese á espera dos resultados que amosen se ese é o caso ou non- .

A asociación agradeceu toda a colaboración dos cidadáns e as diversas doazóns que se fixeron durante estos días.