jueves. 25.04.2024

 

Dende que a Covid - 19 chegou as notas vidas, os da Asociación cultural Aimil Folc non volveron a ensaiar. Este xoves 20 de maio, ás 20:30 horas, AIMIL FOLC volvía á Escola de Gaitas de Xinzo de Limia para retomar os seus ensaios. Cabe sinalar que o coro vai a respetar todas a medidas de seguridade por prevención da Covid - 19 con distribución das cadeiras a máis dun metro de distancia entre todos os presentes.

Meli Pérez, que pertenece a este coro, afirma ao Diario do Limia que ten "moitísima ilusión" de volver aos ensaios. Pérez conta que no grupo son ao redor de 30 persoas e que desde marzo do ano pasado non volveu a ver a todos os seus compañeiros. Ademais, explica a corista que o único contacto que mantivo co seu equipo foi “vía telemática”.

Agora, a intención e que o canto e a música se den cita todos os xoves a partires das 20:30 horas na Escola de Gaitas. Así como tamén, poder acudir aos diferentes lugares donde os chamen.

A asociación AIMIL FOLC volve aos ensaios, suspendidos dende marzo de 2020