martes. 10.12.2024

Será ista mesma tarde de xoves, a partir das 20 horas, cando o Salón Noble do Liceo de Ourense acolla a presentación do número 9 da revista cultural "Nós, a Xente do Redor". O acto será presentado pola artista Marina Sánchez e contará con varias actuacións musicais da man de Antonio Barros e dos acordeonistas Juan Ruibal e Maximino Míguez, compoñentes do grupo folk Lume na Lareira e do colectivo Acordeóns de Lalín.

RevistaNósXenteRedor_presentación n9 2023 (1)
Ó longo do acto, poderase gozar da música dos acordeóns de Maxi Míguez e Juan Ruibal.

Capitaneada por Avelino Jácome Iglesias, a revista naceu por mor do confinamento e, hoxe, recompila o talento de numerosos autores e autoras que colaboran na súa edición. Nesta ocasión, o encargado de ilustrar a portada foi o pintor colombiano Carlos Santos, asentado en Lalín, cunha obra titulada "Apertas de luz". Unha ilustración que, en palabras do seu autor, fai referencia "á amizade e ó abrazo que é o sentimento do movemento cultural Nós, a Xente do Redor".  

Medio cento de autores colaboran neste número da revista, que incorpora novos nomes ós xa habituais: a novelista mariñán Olivia Rozas Canoura e os intelectuais Félix Álvarez e Antonia Blanes. Un número no que destacan os artigos etnográficos de Rafael Quíntia e Carlos Ares, así como as ilustracións de Paco Ascón e Miguel Ángel Martínez Coello. Unha colaboración moi especial é a feita polo estudantado do Colexio Cisneros Ángel Luis Martinez Rosario. Dende o centro escolar achegan un poema, titulado “A niña Avoa", e unha ilustración de Daniel Delgado, da man de Marila Abad, a súa mestra.

O Liceo de Ourense acolle a presentación do novo número da revista cultural "Nós, a...