viernes. 19.04.2024

O Concello de Xinzo e a Fundación Celta renovan o convenio de colaboración para a realización de actividades deportivas e seguimento dos xogadores de fútbol base así como, a formación de técnicos. 

Asimesmo, tamén se prevé organizar un novo campus de verán en Xinzo. A este evento acudiron o concelleiro de Deportes, Rafa Penabad; o presidente da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta; o coordinador dos campus, Manuel Gómez, e o presidente das Escolas Deportivas de Xinzo, Juan López. 

O Celta fará actividades e seguimento do fútbol base de Xinzo