lunes. 09.12.2024

Na Vuelta da España que consagrou a Remco Evenepoel, ciclista belga de 22 anos do Quick-Step, e despediu a Alejandro Valverde, 42 anos, ex campión do Mundo, o limiao Carlos Canal completou a súa segunda grande, a segunda Vuelta, nun tempo de 84 horas, 10 minutos e 35 segundos, a máis de tres horas do vencedor, para ser finalmente 84.º na xeral. 

É a segunda grande que disputa Canal, que nesta edición deixouse ver nos sprints dos primeiros días (foi 11.º na segunda etapa; 17.º na terceira; e 18.º na undécima como mellores clasificacións) e estivo nunha fuga na última semana de competición. 

Carlos Canal, á dereita, na chegada da segunda etapa
Carlos Canal, á dereita, na chegada da segunda etapa. | FOTO: Fundación Euskadi.

Carlos Canal, que como o resto do equipo partía co obxectivo de se deixar ver na carreira, remata na 25.ª posición do maillot branco (a clasificación dos mozos) e na 93.ª do maillot verde (puntos). O ciclista limiao de 21 anos está a vivir a súa primeira tempada no  Euskaltel Euskadi, despois de debutar no ciclismo profesional no Burgos, equipo co que correu a Vuelta o ano pasado.

Na última etapa este domingo en Madrid, Canal volveu intentar meterse no sprint que gañou o colombiano Molano. Canal rematou 29.º, no mesmo tempo que o vencedor. O Euskaltel terminou 15.º na clasificación por equipos e o seu mellor corredor na xeral foi Mikel Bizkarra, no posto 28.º.

Os números de Carlos Canal nas clasificacións etapa a etapa. IMAXE La Vuelta
Os números de Carlos Canal nas clasificacións etapa a etapa. | IMAXE: La Vuelta

 

DEPORTES A LIMIA | Carlos Canal completou a súa segunda Vuelta a España