viernes. 26.04.2024

A dobre cita do domingo deixou magros resultados para os equipos de Xinzo de Limia que xogaron como locais. Na Primeira Galicia, o Antela cedeu un empate na Moreira (1-1) que, malia a todo, mantén aos antelanos con opcións intactas de alcanzar unha das prazas de promoción de ascenso.

Os triunfos do Sporting de Celanova diante do Santa Teresita e do C.D. Allariz en Cartelle beneficiaron o equipo de Óscar Sabucedo. E fan que as posición de cabeza empecen a definirse cara o tramo final da competición ligueira.

O Antela figura quinto na táboa con 14 puntos. Pero ten un partido menos que o Santa Teresita (4º) que suma 15, e dous menos que o Monterrei (3º) que suma 17. É dicir, o Antela depende de si mesmo para alcanzar unha desas prazas. O C.D. Allariz, cos mesmos partidos que o Antela, e o Celanova, líder moi destacado, parecen consolidados na primeira e na segunda posición.

Pendente de xogar o partido aprazado a comezos de ano diante do Covadonga, o Antela ten en calquera caso un calendario complicado até o final da Liga.

En febreiro comeza visitando ao Barbadás B, recibirá na Moreira o domingo día 13 ao Santa Teresita e visitará despois ao C.D. Allariz. Nas últimas xornadas os rivais serán: Cartelle (na Moreira) e Celanova (como visitante).

Gol 2Joni remata decabeza o 1-0, onte na Moreira. | IMAXE: Antela F.C.

DERROTA DAS ESCOLAS E VITORIA A DOMICILIO DO PIÑEIRA SECA

Na Segunda de Galicia, grupo de Ourense, o líder Maceda gañou no sintético José Antonio Fernández Carrera (1-2). O equipo das Escolas Deportivas de Xinzo segue, con 20 puntos, na quinta posición da clasificación e coa praza de promoción a 9 puntos (29 ten o Rúa, que ademais leva un partido menos). Máis cerca está o Piñeira Seca, que venceu a domicilio ao Espadana (2-3) e suma 26 puntos (tamén cun partido máis co Rúa).

A competencia nos primeiros lugares é pechada. Non ceden nin o Maceda (33 puntos, líder) nin o Viana (30). O Rúa segue na pelexa pola cabeza malia ver aprazado (pola covid) o seu partido desta pasada fin de semana co Vilar de Barrio. A próxima xornada, primeira da segunda volta do calendario, o Piñeira Seca visita ao Molgas e as Escolas Deportivas reciben ao Rocas.

DEPORTES A LIMIA | Empate na Moreira, mais opcións intactas para o Antela para poder...