viernes. 26.04.2024

Despois da suspensión o ano pasado, o Cros de Antioquía volve ao calendario galego de atletismo e celebrará a súa terceira edición o domingo 6 de febreiro no Hipódromo da Antela, a partir das 11:00 horas e sobre un recorrido de 7 quilómetros campo a través. As inscricións xa están abertas e pódense realizar até o día 2 de febreiro.

Para realizar a inscrición, segundo informa o Concello de Xinzo este luns, as atletas deberan cubrir o formulario habilitado na web https://sportmaniacs.com/es ou na app SAUDETER. Para inscribir a un equipo será necesario enviar un correo electrónico a [email protected] indicando o nome do equipo e nome e apelidos dos catro atletas que o compoñen.

O Cros de Antioquía ten carácter autonómico e fai parte do programa de competicións da Federación Galega de Atletismo. A data coincidirá coa celebración na Pobra do Caramiñal do galego de cros Máster e de categorías menores. 

A organización informa que está previsto celebrar dúas carreiras, feminina e masculina, en categoría absoluta, se ben deberán inscribirse un mínimo de 25 atletas en cada unha delas.

O circuíto galego de cros completou o mes de xaneiro con catro citas: o galego absoluto e sub 23 e sub 20, o pasado día 9 en Ribadavia; e os cros de Lugo, Vigo e Lourezá (Lugo).

Cartel Cros de Antioquía 2022

DEPORTES A LIMIA | O atletismo volve a Xinzo coa disputa do cros de Antioquía o domingo...