jueves. 09.05.2024

A terceira fin de semana de outubro empeza o venres pola noite cun menú amplo: dous concertos de música (na Corte do Bois en Sandiás, e na Arca da Noe en Vilar de Santos) e unha estrea de cine de terror na recén iniciada nova tempada do Cine Gesma en Xinzo.

O Cine Gesma renova a carteleira a partir de mañá venres. Recupera un dos éxitos do verán: a terceira entrega de Tadeo Jones. Haberá pases venres, sábado e domingo ás 18:30 horas. E, a semana seguinte, tamén o martes, o mércores e o xoves. A oferta para adultos é Smile (Parker Finn, 2022), un filme estadounidense que conta a historia dunha doutora que comeza a experimentar sucesos aterradores despois dun estraño incidente cun paciente. O guión é do propio director, Parker Finn, especializado no xénero. Os primeiros pases serán venres e sábado ás 20:15 e ás 22:30 horas. O domingo, ás 20:15 horas.

Na Corte dos Bois actúa o quinteto de Toni Risco. Será mañá venres ás 22:30 horas. Toni Risco estará acompañado por Pablo Añón (saxo), William Díaz (trombón), Carl Minnermann (contrabaixo) e Martin Andersem (batería). A entrada, a gorra.

E para o mesmo día, ás 21:30 horas, está programado na Arca da Noe o espectáculo Instalados em poltronas, cos músicos Zeca (voz) e Eliseu Matos (guitarra). O espectáculo, de xira polo país despois ter percorrido escenarios lusos e europeos, preséntase como “un proxecto que visita a música portuguesa que precedeu e acompañou o espertar democrático en Portugal”.

axen 14OUT (FILEminimizer)
axen 14OUT (FILEminimizer)

AXENDA | Toni Risco na Corte do Bois; e Zeca & Eliseu Matos na Arca este venres