sábado. 05.10.2024

A oferta cultural da fin de semana arranca en Xinzo de Limia mañá venres cunha conferencia sobre violencia de xénero e remata o domingo con propostas variadas, desde o teatro amador en Porqueira até a despedida do Tangaraño ou o comezo do Boi en Allariz, unha festa que esperta sempre moito interese na Limia.

Charla sobre malos tratos no Ágora (Xinzo de Limia)
Venres, 19:30 horas. 
A tenda-café Ágora mantén a súa axenda feminista e programa un charla sobre violencia de xénero dentro do Foro Entre Nosotras. Será mañá pola tarde coa participación da asociación Mirabal, unha ONG de apoio ás vítimas, que recibiu, entre outros galardóns, os premios Meninas e Emilia Pardo Bazán.

Jurassic World: Dominion, no Cine Gesma (Xinzo de Limia)
Venres (19:30, 22:30), sábado (16:30, 19:30, 22:30) e domingo (16:30, 19:30).
Cine de estrea. Catro anos despois da destrución da Illa Nublar, os dinosauros viven en todo o mundo. Ese é o punto de partida do filme que recupera a saga Jurassic Park, con outros protagonistas, pero con Laura Dern, Jeff Goldblum e Sam Neill no elenco. Haberá sesión tamén este xoves, e o próximo martes, mércores e xoves. 

Música na Arca da Noe (Vilar de Santos)
Venres, 21:30 horas; e sábado, 14:00 horas.
A cea-concerto de mañá na Arca estará animada por Pez Mago e Sérgio Lopez. Pódese reservar a cea, ou tamén asistir deixando algo na cesta. O sábado, no espazo Carabuñas, a comida-concerto servirá tamén de lanzamento do último disco dos Guezos, Faíscas. O grupo presentou este xoves o seu vídeo-clip promocional, acudiu a TVG e estrea na Arca. O prezo con comida son 20 euros. É preciso facer reserva. Tamén se pode asistir só ao concerto.

Teatro amador en Porqueira
Domingo, 17:00 horas.
Os dous grupos de teatro infantil e xuvenil Raparigos da Torre actúan na Casa do Concello na Forxa. Manuel Fontemoura é o director do grupo e o autor das pezas que se representarán: Unha de zombis e Os superheroes. Fontemoura estará, o 20 e o 21 de xuño, con varios grupos do Teatro Aneis en Xinzo (Casa da Cultura).

axenda cultural 10_12 xuño_22 (1) (FILEminimizer)
Programación do Tangaraño en Baños de Molgas este domingo.

 

Peche do Tangaraño en Baños de Molgas
Domingo, 12:00 horas.
O Tangaraño Cultural pon o ramo á edición deste ano en Baños de Molgas, no espazo da Burguiña, coa a actuación da Schola Cantorum Coro Universitario da Universidade de Vigo. Ás 12:30 comezará a sesión vermú de despedida coa actuación de Dani Soldevilla.

Arranca o Boi en Allariz
Sábado, 20:30 horas; domingo, 21:00 horas.
Dous anos despois volve haber Boi en Allariz. A primeira saída desta nova década celebrarase o sábado ás 20:30 horas. Nos días seguintes están programadas once saídas máis. A procesión do Xan de Arzúa será o domingo, ás 12:00 horas. Haberá saídas do boi o domingo 12 e o luns 13 (ambas ás 21:00 horas); o martes 14 serán ás 08:00 e ás 21:00; o mércores 15, ás 08:00 horas; o xoves 16, ás 20:30; o venres 17 volverán ser dúas: ás 13:30 e ás 21:00 horas. A fin de semana de peche, o boi será protagonista o sábado ás 13:30 e ás 20:30; e o domingo, ás 19:30 horas.
 

AXENDA | Teatro, Guezos e epílogo do Tangaraño Cultural