viernes. 26.04.2024

Carlos López, un futbolista de 23 anos formado na canteira do Antela e que participou da última tempada do club en Preferente, volveu vestir onte a camiseta branquinegra na Moreira case un mes despois de que se anunciase a súa fichaxe. Carlos defínese como un xogador que pode ocupar calquera posición da fronte de ataque, ambidextro, pero que prefire arrancar desde a banda dereita. Onte, nunha breve presentación na Moreira, confesou que a lesión (ligamento cruzado na perda dereita) está superada, "máis mentalmente aínda me custa esquecerme dela e esa é a parte de recuperación, recuperación da confianza, que me queda", dixo.


Carlos López lesionouse en outubro pasado cando xogaba para o Ourense C.F. en Terceira, equipo co que acabou conseguindo o ascenso. Operouse en xaneiro e desde aquela seguiu unha longa recuperación. Rematada a súa relación co Ourense C.F. e despois de varios anos de experiencia en Terceira coa U.D. Ourense, volve á Moreira atraído polo proxecto do club no que se formou. Advirte que a Liga de Preferente deste ano "vai ser dura", entre outras razóns porque "hai moitos equipos que se están reforzando moito e con xogadores que veñen de categorías superiores".


O futbolista limiao coñeceu onte, como o resto dos seus compañeiros, os plans do adestrador para a pretempada. O Antela comezará os adestramentos o xoves 4 de agosto. Ese día será a presentación na Moreira. O primeiro partido disputarase unha semana despois, o venres día 12 e o rival elixido é o Loñoá, equipo da Primeira galega. Óscar Sabucedo preferiu evitar durante a preparación rivais de Preferente. O Antela pecha datas para disputar amistosos contra o Monterrei, o Maside, o Nogueira (descendido a Primeira) e o equipo xuvenil do Pabellón de Ourense. 


O adestrador tamén preferiu evitar as fins de semana como días de amistosos. Fará unha excepción: o club negocia a visita da Unión Deportiva Ourense á Moreira o domingo 28 de agosto. A Liga en Preferente comezará dúas semanas despois, o 11 de setembro. O calendario de partidos coñecerase esta semana. Os rivais, nun grupo de 20 equipos, serán tres clubs ourensáns: Arnoia, Barbadás e Verín. Os outros 16, da provincia de Pontevedra: Céltiga, Pontellas, Atios, Porriño Industrial, Moraña, Juventud Cambados, Juvenil Ponteareas, Racing Castrelos, Ribadumia, Valladares, Villalonga, Pontevedra B, Cultural Áreas, Portonovo, Umia e Cultural Beluso.

O adestrador preferiu evitar as fins de semana como días de amistosos. Fará unha excepción: o club negocia a visita da Unión Deportiva Ourense á Moreira o domingo 28 de agosto.


A plantilla do Antela está case pechada. As negociacións con Juáncar, central limiao que a pasada tempada estivo no Nogueira, continúan. A directiva tamén busca un porteiro que poida competir con Suso. A intención do cadro técnico era dispoñer de dous xogadores por demarcación. Algúns compatibilizarán o filial (en Segunda galega) co primeiro equipo. A presentación do filial, prevista para a semana pasada, adiouse. A decisión sobre o adestrador deste equipo B está tomada. A respecto do primeiro equipo, falta por decidir quen será o delegado esta campaña. 

Carlos López. Antela. A Moreira. Preferente (1)
Dani Jardón, membro da directiva e ex xogador, con Carlos López, onte na Moreira.

FÚTBOL A LIMIA | O Antela empezará a adestrar o 4 de agosto e debutará na pretempada o...