sábado. 20.04.2024

O Comité de Competición da Federación Galega de Fútbol estimou a reclamación do C.D.C. Santa Teresita contra o Verín C.F. por aliñación indebida no cadro verinense no partido de Copa Deputación disputado a semana pasada e que se resolveu coa clasificación do Verín para a seguinte rolda.

O Comité de Competición considera "no válida" a aliñación do xogador co dorsal nº7, Luis Ossorio Augusto, do club Verín C.F., "por encontrarse en situación de sancionado en el momento de la disputa del partido, contraviniendo lo regulado en el artículo 224.1.d) del RG/RFGF y por encontrarse sujeto a suspensión acordada por el órgano disciplinario competente".


Os xuíces impuxeron unha sanción ao club verinense e subliñaron no fallo que o partido en cuestión é declarado como perdido para o club infractor. Polo tanto, o Comité acorda declarar vencedor da eliminatoria ao Santa Teresita, que será o rival do Antela, o 17 de maio, na eliminatoria de dezaseisavos.

O Antela e o Santa Teresita xa se enfrontaron na primeira fase da competición ligueira, e mantiveron, no terreo deportivo, unha disputa polas prazas de promoción que finalmente se resolveu a favor dos limiaos. O Santa Teresita está xogando pola permanencia. 
 

FÚTBOL A LIMIA | Competición acepta a reclamación do Santa Teresita, que será o rival...