jueves. 25.04.2024

O Antela volve a Copa sen demasiado entusiasmo. Pasaron tres meses desde que se aprazou o partido en Paderne por causa da covid. Os de Sabucedo non adestrarán esta semana, durante descanso da competición de Liga onde teñen centrado todo o seu esforzo. A cita en Paderne é un trámite antes de afrontar as durísimas batallas diante do Vilariño e o A Peroxa nas que os limiaos decidirán se seguen aspirando ao ascenso a Preferente.

O encontro -nunha competición a partido único- disputarase mañá xoves ás 17:00 horas no campo de Vista Fermosa (herba artificial) de Paderne de Allariz, coa arbitraxe de Alejandro Mazac. En caso de empate ao final dos 90 minutos, disputarase unha rolda de penaltis.

No Antela continúan sendo baixa Quintairos, Pisto e Belucho. E a respecto da última convocatoria de Liga, quedan fóra Samuel, Pablo Forri e Manu Blanco, e regresa Pancho.

O Antela foi campión da Copa Deputación por ultima vez no 2004. E alcanzou as semifinais no 2007. Xa van case tres lustros sen un éxito na competición. Na última participación, hai dous anos, o Antela non pasou da rolda de trintaedousavos.

Mañá tamén xogará a Copa o Piñeira Seca, que visita Santa Cruz de Arrabaldo. O Vilar de Barrio caeu eliminado en xaneiro diante do Coles. Mentres, o equipo das Escolas de Xinzo deu o 6 de xaneiro a gran sorpresa superando ao Velle (1-0), o actual campión, e xa están nos dezaseisavos.

FÚTBOL A LIMIA | O Antela volve á Copa en Paderne de Allariz