viernes. 19.04.2024

A Liga de Veteranos de fútbol sala e a recuperación dos pavillóns dos Institutos son as dúas novidades na programación do deporte minoritario en Xinzo de Limia para a tempada de inverno e primavera. Os técnicos da Concellería de Deportes encargados da elaboración dos horarios de adestramento para os distintos equipos e disciplinas están a espera de concretar “a finais de semana” a celebración da liga de fútbol sala. 


Polo momento, indican, hai seis equipos anotados nunha competición que se mantivo viva durante tres décadas. “Tería prioridade no uso do pavillón de deportes”, din as fontes municipais. Se finalmente se recupera a liga, os equipos masculino (P.Tinto) e feminino (Xinzo Femenino) volverían adestrarse no pavillón do IES Cidade de Antioquía, pechado a usos externos ao propio instituto polos protocolos vixentes durante a pandemia entre o 2020 e o último inverno.


O P.Tinto confirmou ao Diario do Limia que ten asignado o pavillón de deportes os luns e os xoves ás 21 horas. Empezaron a adestrar a semana pasada. Se se xoga a liga, pasarán ao pavillón do Lagoa de Antela. No Xinzo Femenino aínda non comezaron a preparación, a liga provincial arrancará o 7 de novembro.

Pavillón do IES Cidade de Antioquía (1) (FILEminimizer)
Pavillón do IES Lagoa de Antela.

Esta tempada haberá unhas 900 inscricións en todas as mobilidades deportivas que utilizan as instalacións municipais. Nas piscinas, estiman que alcanzarán as 350. O fútbol, que dispón do campo sintético Fernández Carrera, e o fútbol sala, poden superar as 240. No baloncesto, a cifra estará entre as 160 e as 180. En fútbol e baloncesto aumentou o número de equipos. O resto de modalidades son o atletismo, a ximnasia rítmica, o karate, o bádminton, a capoeira e o tenis, que se moven entre as 20 e as 50 inscricións cada unha. Tamén hai programadas outras actividades de educación física e outros tipos de ximnasia de mantemento.

Oferta deportiva XINZO
Publicación do Concello de Xinzo, esta mesma tarde, na que informa dos horarios acordados nalgunhas modalidades.

Esta tempada haberá unhas 900 inscricións en todas as mobilidades deportivas que utilizan as instalacións municipais. Nas piscinas, estiman que alcanzarán as 350. O fútbol, que dispón do campo sintético Fernández Carrera, e o fútbol sala, poden superar as 240.

As instalacións dos dous CEIP tamén estarían a dispor do deporte de base en Xinzo, fóra das actividades que realizan as ANPAS, no caso de que se saturasen os tres pavillóns previstos. Desde a Consellería de Deportes de Xinzo, indican que a oferta de espazos é suficiente, e que no contexto actual “parece complicado” que se poidan construír novas instalacións. O exemplo máis próximo é Celanova. Alí contan con dous pavillóns. “Elixiron se o segundo pavillón ou a piscina cuberta. En Xinzo temos piscina, e estamos contentos con ela”, din desde o Concello. 

NOTICIAS XINZO | O fútbol sala volverá aos pavillóns dos Institutos