viernes. 26.04.2024

O Clube Deportivo do Concello de Xinzo de Limia fai saber a través das súa conta de Facebook que este ano volve o Campus de Tecnificación en Fútbol en Xinzo de Limia despois de un ano de parón a causa da Covid - 19. Este ano é a VII edición.  Será dende o 28 de xuño ao 2 de xullo de 10:00 á 13:30 horas

Existen diferentes categorías:

  • Prebenxamín: 2013 ata 2015
  • Benxamín: 2011 -2012
  • Alevín: 2009 -2010
  • Infantil: 2007 -2008

 

Para a realización destas actividades contarase coa participación de adestradores titulados. Haberá sorteos e picnis diarios, roupa de adestramento incluída, adestramento específico de porteiros e máis sorpresas. 

Información e inscripcións:

 

Todos aqueles que queiran apuntarse poden facelo no Pavillón de Deportes ata o venres 18 de xuño. Ese día remata o prazo para anotarse neste Campus. As prazas son limitadas.

Volve o Campus de Tecnificación en Fútbol a Xinzo