jueves. 25.04.2024

A alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez Dorado, acaba de solicitar a realización de varios cribados no concello ante a preocupante situación de casos por coronavirus. A política segue a insistir en que quedan aínda moitos positivos por plasmar nos datos oficiais do Sergas e chama a prudencia e á responsabilidade cidadá.

Para as 16:00 horas de hoxe planéanse levar a cabo diversas probas PCR no Centro de Saúde de Porqueira. Aproximadamente unhas 180 persoas están chamadas a asistir.

CORONAVIRUS A LIMIA | Cribado para detectar novos positivos en Porqueira