miércoles. 24.04.2024

No día de hoxe, a alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez Dorado, comunicaba nun bando informativo os resultados do cribado realizado onte no concello. Rexistráronse un total de tres novos positivos de entre as 200 persoas asistentes.

Cifras que probablemente se reflexen no día de mañá no seguemento de contaxiados totais levado a cabo polo Sergas. Según esos datos oficiais, na actualidade Porqueira mantense estable e continúa con só cinco positivos.

Baixa un positivo Sarreaus -de dous casos en total pasa a un- . Soben os contaxios en Vilar de Barrio -pasa de sete a oito rexistrados- e en Xinzo de Limia -de 25 a 26 positivos- . O resto de concellos non amosan ningún cambio.

Baltar, Os Blancos, Vilar de Santos e Rairiz de Veiga continúan a ser os únicos membros da Comarca da Limia que non presentan contaxios.

Así queda o rexistro de casos activos na Limia o 27/08:

  • Baltar: 0
  • Os Blancos: 0
  • Calvos de Randín: 2
  • Porqueira: 5
  • Rairiz de Veiga: 0
  • Sandiás: 3
  • Sarreaus: 1 (-1)
  • Trasmiras: 1
  • Vilar de Barrio: 8 (+1)
  • Vilar de Santos: 0
  • Xinzo de Limia: 26 (+1)

CORONAVIRUS A LIMIA | O cribado realizado en Porqueira rexistra tres novos casos por...