lunes. 11.05.2026

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse coa alcaldesa de Rairiz de Veiga, Asunción Morgade para avaliar o estado dos diferentes instrumentos de mobilización de terras existentes nesta localidade, en concreto sobre a evolución da concentración parcelaria de Rairiz e sobre unha nova solicitude de parcelaria na parroquia de Lampaza.

Asemade, estudouse a posibilidade de establecer vías de colaboración para afondar na mellora das infraestruturas rurais do municipio, co obxectivo de dinamizar de xeito social e económico esta contorna.

A IMAXE DE... | O esforzo de Asunción Morgade para avanzar na mobilización de terras de...