martes. 23.04.2024

Sobre as 15:00 deste mediodía alertábase dun pequeno incendio na parroquia de Sabariz, en Rairiz de Veiga. O lume comezara a prender nunha zona de parcelas de herba seca, situada a unha longa distancia do pobo.

A rápida intervención dos axentes medioambientais permitiu controlar rapidamente o incendio e nunha escasa media hora dábase xa por apagado na súa maioría. Calcúlase que soamente se viu afectada polas lapas unha hectárea de terreo.

Ata a zona afectada trasladáronse diversos axentes medioambientais, dúas brigadas da Xunta, dúas motobombas e un helicóptero de extinción.

ÚLTIMA HORA RAIRIZ DE VEIGA | A rápida intevención dos equipos de extinción evita un...