Sábado. 01.04.2023
Tamén percibirá 48.000 euros para o arranxo das piscinas municipais

NOTICIAS A LIMIA | Sarreaus recibirá 80.000 euros para o asfaltado de vías públicas

Videoconferencia da Xunta de Goberno. Asisiten Manuel Baltar (Presidente Deputación); Rosendo Fernández (VicePresidente 1º); Cesar Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Jorge Pumar (Deputado PPOU); Luz Doporto Real (Deputado PPOU); Pablo Pérez Pérez (Deputado PPOU); Armando Ojea Bouzo (Deputado DO); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Juan Marquina e Adamantino Barreiro García (Secretario e Vicesecretario da Deputación Ourense).
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, nunha reunión telemática. | FOTO: Deputación de Ourense.

Na reunión telemática celebrada onte baixa a presidencia de Manuel Baltar, xunto á Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, aprobouse a concesión de máis de 190.000 euros en subvencións para cooperacións con entidades locais e actividades culturais.

Entre as axudas de cooperación cos concellos destacou a achega por valor de 80.000 euros que se realizará ao Concello de Sarreaus. Unha cantidade que será destinada ao asfaltado de vías de titularidade municipal en oito núcleos da poboación: Cortegada, Melias, Codosedo, Pazos, Paradiña, Pedroso, Sarreaus e Sas.

A maiores, o concello percibirá unha segunda subvención duns 48.000 euros para a reparación das piscinas municipais.

Outro membro da comarca da Limia, neste caso Xinzo de Limia, tamén recibirá unha axuda por valor de 13.000 euros para cubrir os gastos derivados da Festa do Esquecemento que se celebrara este ano.

NOTICIAS A LIMIA | Sarreaus recibirá 80.000 euros para o asfaltado de vías públicas
comentarios