martes. 16.04.2024

Un muro da Igrexa de Sarreaus cedeu esta mañá caendo sobre as sepulturas do cemiterio anexo ao templo. Ningunha persoa resultou ferida, e só se produciron danos materiais en varias tumbas situadas a carón das paredes do edificio.

[actualización do 2 de maio: corrixe información sobre o lugar onde se celebrou a misa e sobre a composición dos muros do edificio.]

O derrubamento aconteceu mentres a misa se celebraba do outro lado do adro, e non no interior, precisamente como medida de precaución. A misa continuou despois do incidente.  

O alcalde, Gumersindo Lamas, confirmou ao Diario do Limia que non se produciran danos persoais de ningún tipo máis alá da alarma inicial. Veciñas da localidade, pola súa parte, lembraron que hai tempo que se vén advertindo do mal estado desa parte da edificación.

A Igrexa de San Salvador de Sarreaus é un templo neoclásico de planta rectangular, dunha soa nave, con muros de perpiaño reforzados por contrafortes nos laterais.

Hai polo menos quince tumbas afectadas, trece delas coas lápidas rotas e parte dos perpiaños do muro, no interior. 

A primeira hora da tarde, algúns veciños, alertados do derrubamento de parte do muro exterior da igrexa, acudiron a comprobar os danos no cemiterio. Hai polo menos quince tumbas afectadas, trece delas coas lápidas rotas e parte dos perpiaños do muro, no interior. 

O derrubamento deixou á vista as diferentes capas da edificación, cun muro interior, e un recheo entre este e o muro exterior, construído con pedras máis pequenas e barro. O muro interior mantense en pé. 

NOTICIAS A LIMIA | Cae a parte superior do muro da Igrexa de Sarreaus, causando danos...