viernes. 26.04.2024

As variacións son mínimas nas cifras de números de casos activos de covid a respecto do martes. No conxunto a Limia hai hoxe 94 rexistros. Son oito máis que hai dous días. Na comparación co xoves da semana pasada, doce máis.

Este xoves hai oito concellos por debaixo da decena de contaxios. Entre eles, Os Blancos e Porqueira, onde non se detectaron novos casos nos últimos sete días.  

Así están os rexistros:
BALTAR   (variación desde o martes +2)  13 (activos)
OS BLANCOS   (=)  3
CALVOS DE RANDÍN   (=)  1
PORQUEIRA   (=)  1
RAIRIZ DE VEIGA   (+2)  6
SANDIÁS   (=)  5
SARREAUS   (+2)  6
TRASMIRAS   (+3)  12
VILAR DE BARRIO   (+1)  5
VILAR DE SANTOS   (=)  2
XINZO DE LIMIA  (-2)  40 

Mentres Porqueira parece superar a pequena crise de contaxios que levou a cifra no municipio até os 24 casos (o 13 de abril), nos niveis de xaneiro; en Trasmiras volve subir o número (3 máis desde o martes). Trasmiras chegou a máximos (32 casos) o 1 de abril.

En Xinzo, a variación é mínima desde hai días, as cifras móvense nun rango de entre 25 e 45 casos desde hai catro semanas. A estatística de incidencia acumulada anuncia novas baixadas: nos últimos sete día anotáronse 19 novos casos, fronte aos 30 que se anotaran no período anterior de sete días.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou hoxe que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 16.688, deles 2.275 son da área de Ourense. Na provincia as cifras tamén seguen estábeis. 

CORONAVIRUS A LIMIA | Trasmiras e Baltar, a máis; Xinzo segue nos 40 casos