jueves. 25.04.2024

Xinzo de Limia volve aos niveis da semana pasada en canto a número de casos activos. Este mércores anota 33, son 4 máis que onte e oito máis en relación ao venres pasado. Abril empezou marcando unha tendencia á baixa en Xinzo e no resto de concellos da comarca. Mais o descenso vai lento.

Tamén sobe este mércores o número de rexistros en Porqueira. Xa alcanza os 24, un máis que onte. Porqueira está nos seus máximos durante esta sexta onda, que parece conceder un respiro en Trasmiras. Aquí recuperan certa normalidade, con valores de hai dúas semanas. Hoxe están na metade de casos activos que hai oito días.

Así están os rexistros:
BALTAR  (variación -1) 1 (activos)
OS BLANCOS  (=) 3
CALVOS DE RANDÍN (=) 4
PORQUEIRA  (+1) 24
RAIRIZ DE VEIGA (-1) 4
SANDIÁS (-1) 1
SARREAUS (=) 4
TRASMIRAS  (=) 11
VILAR DE BARRIO (=) 4
VILAR DE SANTOS (=) 3
XINZO DE LIMIA  (+4) 33

As variacións son mínimas a respecto de onte. En seis concellos non houbo cambio ningún. Baltar volver baixar a 1 só caso, mais aínda se veñen detectando novos casos nos últimos catorce días. Só nun concello, en Vilar de Barrio, non se detectaron novos casos nos sete días anteriores.

En Xinzo, a estatística de incidencia acumulada, volveu subir. Con datos de onte, houbo 17 novos casos nos sete días anteriores e 34 nos catorce días anteriores. 

CORONAVIRUS A LIMIA |  Os casos volven a aumentar en Xinzo e Porqueira