sábado. 05.10.2024

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, estivo esta tarde en Xinzo participando na gravación dun programa de radio con mozas e mozos do Centro de Información Xuvenil e Servizos Integrados (CIX). O programa emitirase na web do CDR O Viso a partir do domingo 13 de febreiro, coincidindo co Día Mundial da Radio, e consiste nunha serie de entrevistas ao fía da interculturalidade.

Pichel conversou durante máis de media hora con voluntarios do CIX sobre as cuestións que afectan a mocidade no país e, en concreto, sobre os programas de integración e voluntariado que patrocina á Xunta e dos que participa o CIX de Xinzo. "Falouse de axudas ao voluntariado, tamén a nivel europeo, e sobre todo de ferramentas de información á xuventude que sempre son moi demandadas", dixo Pichel.

Cristina Pichel, no CDR O Viso. Programa do CIX de XinzoPichel, xornalista de formación, en primeiro termo, con Miriam, a entrevistadora, esta tarde no CIX.

A directora xeral subliñou a necesidade de ampliar os talleres de integración de mozas e mozos migrantes, nunha comarca como A Limia cun colectivo importante de inmigrantes. E tamén se referiu a programas que combaten diferentes adiccións. Pichel sinalou o servizo público Quérote máis como unha das ferramentas máis demandadas de orientación e asesoramento. 

As mozas e mozos do CIX de Xinzo continuaron despois a súa serie de entrevistas coa gravación dunha conversa cunha voluntaria de nacionalidade exipcia que estivo traballando no Viso durante o 2021. Un dos encargados da parte técnica da gravación, de nacionalidade venezuelana, inaugurou hai uns días a serie. 

NOTICIAS A LIMIA | A directora xeral de Xuventude grava un programa de radio no CIX de...