viernes. 26.04.2024

O Concello de Xinzo de Limia anuncia que as piscinas exteriores abrirán mañá pola tarde cunha imaxe renovada e máis facilidades. Ademais, porán en marcha unha App para controlar o aforo e facilitar o trámite para os visitantes e os veciños e así, extremar as medidas de seguridade. Esta aplicación móbil facilita o acceso a outras instalacións deportivas como ás pistas exteriores de tenis e baloncesto. 

As liñas de mellora foron a da calidade da auga coa posta en marcha dun sistema de cloración automática e de control do PH, sustiuíronse os filtros de area e chaves en mal estado, ademais de realizarse a actuación no sistema de aspiración. 

Abren as piscinas exteriores de Xinzo con medidas anticovid