jueves. 18.04.2024

O Concello de Xinzo de Limia porá en marcha unha App para poder reservar entrada nas piscinas exteriores. Con esta medida preténdese controlar o aforo. Ademais, poderán realizarse os pagos dos pases e facer reservas para distintas xornadas. O executivo local quere extremar as medidas contra a Covid - 19. 

O concelleiro de Deportes, Rafa Penabad, explica que "trátase de que poida empregarse para todos as propostas do Concello para as que se necesite un control de aforo". 

Dende a Casa Consistorial prevén abrilas ao público a finais de xuño. Por o de agora, os traballos céntranse na mellora da calidade da auga e na posta en marcha dun sistema de cloración automática e de control do PH. 

Aplicación móbil para reservar praza nas piscinas exteriores de Xinzo de Limia