martes. 08.10.2024

A Comandancia da Garda Civil de Ourense informou este luns da detención dun veciño de Xinzo, de 45 anos, tras unha denuncia presentada por agresión con arma branca. A detención produciuse ás 13:00 horas de onte domingo, e o presunto agresor pasou a disposición xudicial no Xulgado de Xinzo de Limia.


A agresión tivo lugar nunha rúa na zona dos viños de Xinzo de Limia pouco despois das 04:00 horas da madrugada do domingo, cando pechan os pubs. A vítima foi un mozo de 21 anos, tamén veciño de Xinzo de Limia. Segundo testemuñas, varias persoas trataron de reducir ao agresor, mentres outras avisaban aos servizos de Emerxencia, á Policía Local e á Garda Civil.


O mozo foi atendido de feridas leves no Centro de Saúde de Xinzo e despois foi trasladado ao Hospital de Ourense. Ao parecer, as feridas precisaron de dous puntos de sutura e, despois, recibiu a alta.


O presunto agresor tamén precisou de asistencia médica xa que, segundo informa a Comandancia, sufriu un corte nun dedo. O caso está no Xulgado de Xinzo de Limia. O presunto agresor quedou en liberdade provisional con cargos por un delito de lesións.
 

AVANCE | Detido un home en Xinzo por agresión con arma branca a un mozo de 21 anos na...