miércoles. 21.05.2025
Programa Feira das Mozas
Programa oficial da IV Feira das Mozas

 

A IV Feira das Mozas xa ten data definitiva, trala súa cancelación por motivos meteorolóxicos, celebrarase finalmente o vindeiro 1 de xuño en Xinzo de Limia. O programa será o seguinte:

  • De 12:00 a 22:00 horas: Terceiro Mercado de Artesanía
  • 12:00 horas: Pasarrúas cos grupos "Tarde Piache" e "Os Ghalos d’Antioquía"
  • 15:00 horas: Pasarrúas con "Lirolaio"
  • 16:30 horas: Xogos populares organizados polo C.D.R. O Viso
  • 17:30 horas: Espectáculo de monicreques e música coa compañía "Monifates"
  • 18:00 horas: Mostra de oficios tradicionais a cargo de Celso de Calvos de Randín, Blasinda, Rosa e Pepe de Muíños
  • 19:00 horas: Mostra de baile e música tradicional co grupo "Tahume"
  • 20:00 horas: Verbena tradicional con "A Música de Cecebre"
  • 21:30 horas: Foliada aberta

Ademais, durante toda a xornada poderá visitarse a exposición “A Feira de Xinzo a través da historia”.


 

AXENDA | A IV Feira das Mozas celebrarase en Xinzo o vindeiro 1 de xuño