viernes. 19.04.2024

O obxectivo da posta en marcha deste aparcadoiro disuasorio, segundo apuntan dende o concello é, seguindo a liña marcada polo parking fronte a praza de Carlos Casares, o de aliviar a circulación nas principais rúas do municipio, evitando a actual proliferación de vehículos estacionados infrinxindo as normas de circulación. Dado que esta é unha zona eminentemente comercial, outro dos obxectivos fíxase en dinamizar o comercio local.

O aparcadoiro

Trátase dunha superficie ao aire libre, de forma triangular, e con cabida para 25 vehículos. As prazas estarán dispostas para aparcar en batería nos tres lados do triángulo (12 nun lado, 6 noutro e 7 no derradeiro) a fin de optimizar o uso da superficie de polígono irregular do terreo. Funcionarán cun sistema de rotación continua.

WhatsApp Image 2021-04-18 at 13.48.33

As xestións para a materialización do párking están moi avanzadas, existindo a data de hoxe un acordo co propietario de terreo para a cesión de uso do mesmo en troques dunha exención temporal do Imposto sobre Bens Inmobles (I.B.I.). A cesión levarase a cabo por un período de seis anos.

A rebufo de Verín

Tras a posta en funcionamento do aparcadoiro público gratuito fronte a praza de Carlos Casares en novembro de 2020, este será o segundo parking disuasorio na vila e, segundo informa o goberno municipal, non será o último. 

O consistorio de Xinzo segue así a estela do goberno do PSOE na vila homóloga de Verín, quen xa puxo a disposición de verinenses e foráneos oito aparcadoiros públicos e gratuitos para favorecer tráfico fluido e incrementar a afluencia o comercio local durante a primeira lexislatura de Gerardo Seoane.

O concello acada un acordo para a construcción do segundo aparcadorio disuasorio da vila