viernes. 13.12.2024

Nos últimos días os limaos puideron ver como unha ducia de puntos estratéxicos de comunicación do concello de Xinzo de Limia foron adecentados polos traballos de limpeza e desbroce que se levaron a cabo.

O desbroce correu a cargo de dous tactores que, a pleno rendemento, remataron o traballo nunha decena de pistas de enlace entre núcleos de poboación. 

As pistas xa rematadas son as de Cima de Ribeira, Ganade, Casas da Veiga, San Vitoiro, A Manga, Lamas, Guntimil, Mosteiro, Gudes, Gorgoloza, O Raposo, Parada de Ribeira e Damil, completando máis de 50 kilómetros de superficie.

Pendente de actuacións

Quedan  por debrozar e limpar -segundo se informa dende o consistorio- as vías externas de comunicación dos núcleos de Baronzás, Morgade, Pena e Trandeiras.

Contratación externa

Para as actuacións nas rúas e carreteras do interior dos núcleos de poboación, o Concello de Xinzo procederá á contratación dunha empresa privada.

Outras actuacións pendentes

Segundo declaracións do concelleiro de Medio Rural, Amador Díaz, "cando rematen estes traballos na totalidade dos pobos de Xinzo de Limia, o concello dará prioridade ás pistas de concentración parcelaria para instalar o regadío.

O Concello de Xinzo acomete 50 km de rozas nas vías de comunicacións entre aldeas