jueves. 25.04.2024

Sobre as 20:00 horas da noite de onte, o 112 Galicia recibía un aviso de emerxencia dun particular alertando que acababa de sufrir un accidente de tráfico no municipio de Xinzo. O suceso producíuse na estrada de Morgade, un punto que une o Concello de Xinzo de Limia co de Vilar de Barrio.

Ao parecer, o implicado estaba a conducir unha furgoneta pola vía cando se cruzou con tres cabalos e, ao intentar esquivalos, impactou contra un deles.

O condutor só sufriu feridas leves, alertando de pequena dor e malestar. Os animais atópanse en bo estado, incluso o que sufrira o golpe do vehículo.

Ata o lugar dos acontecementos acudiron Urxencias Sanitarias e a Garda Civil de Tráfico.

NOTICIAS A LIMIA | Un condutor resulta ferido ao cruzarse con tres cabalos en Morgade