martes. 23.04.2024

Mañá martes, seguirase vacinando ós maiores de 80 anos (segunda dose e repescas da primeira, incluindo tamén novos ingresos ou repescas en residencias) nos centros de saúde. Estes recibirán as doses de Pfizer e as xornadas de inoculación serán pola mañá e pola tarde, como se fixo esta fin de semana.

Polo que este martes, 220 limiáns serán citados no Centro de Saúde de Xinzo para percibir a segunda dose da vacina; mentres que outros 30, inmobilizados, porán aínda a primeira.

CORONAVIRUS A LIMIA | Nova quenda de vacinación para os maiores de 80 anos este martes...