jueves. 25.04.2024

Continúan os bos resultados no tocante aos casos rexistrados de positivos polo Covid - 19 en toda a terra da Limia. Non se rexistra variación algunha de contaxiados, a excepción de Xinzo de Limia que segue cun lento descenso de positivos -de 32 pasa a 31-.

De novo as seis zonas Vilar de Santos, Trasmiras, Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín e Porqueira presentan cero contaxiados. Á cola están Rairiz de Veiga con só un positivo e Sandiás e Vilar de Barrio con tres cada un.

Datos dos casos activos do 17/08:

  • Baltar: 0
  • Os Blancos: 0
  • Calvos de Randín: 0
  • Porqueira: 0
  • Rairiz de Veiga: 1
  • Sandiás: 3
  • Sarreaus: 5
  • Trasmiras: 0
  • Vilar de Barrio: 3
  • Vilar de Santos: 0
  • Xinzo de Limia: 31

CORONAVIRUS A LIMIA | Gran estabilidade nos casos positivos de Covid - 19