jueves. 25.04.2024

Por vez primeira neste 2022 o rexistro de casos activos de covid-19 nun día baixou dos 100 en Xinzo de Limia. O concello anota este xoves 98 casos. Son tres menos que onte. O 31 de decembro pasado, a capital da comarca anotaba 99 casos. Apenas dúas semanas despois, alcanzaba o pico (430 casos, o 12 de xaneiro). 

Desde aquel día, o seguinte fito foi a rebaixa á metade desde máximos (o 25 de xaneiro). Agora, Xinzo volve a cifras de final do 2021, e xusto na semana que o ciclo do Entroido alcanza o seu ecuador. A precaución que se mantivo durante as celebracións das dúas fins de semanas anteriores, e a significativa redución de público nas rúas, fan que a curva continúe a baixar mesmo en pleno Entroido.

No resto de concellos, este xoves rexistraron lixeiras subidas nos Blancos e Sandiás, mentres Baltar e Vilar de Santos seguen sen contaxios. No caso de Baltar, mañá fará unha semana. 

Así están os rexistros
BALTAR  (variación =)  0 (activos)
OS BLANCOS  (+1)  8
CALVOS DE RANDÍN (=)  2
PORQUEIRA  (=)  4
RAIRIZ DE VEIGA (=)  10
SANDIÁS (+1)  12
SARREAUS (=)  2
TRASMIRAS  (=) 3
VILAR DE BARRIO (-3)  13
VILAR DE SANTOS  (=)  0
XINZO DE LIMIA  (-3)  98

Ademais da capital da comarca, os concellos con maior incidencia son Vilar de Barrio e Sandiás, onde aínda se rexistraron novos contaxios nos últimos 7 días, segundo a estatística de onte do SERGAS. Esa mesma estatística sinala que Xinzo baixou de maneira significativa o número de novos contaxios: 63 nos últimos 7 días. 

Na provincia de Ourense a cifra de casos activos este xoves é de 3.707 persoas. Son 59 máis que onte. O martes 15 de febreiro produciuse outra morte na Área sanitaria da provincia, unha muller de 81 anos, en positivo por covid.
 

CORONAVIRUS A LIMIA | Os casos activos de covid-19 baixan en Xinzo do centenar por vez...