Xoves. 28.03.2024

O número de casos activos nun día no termo municipal de Xinzo volve superar o centenar. A día de hoxe, son 114 contaxios os rexistrados, 15 máis que onte, un 15% de suba, a máis importante desde o venres da semana pasada. A incidencia en Xinzo increméntase por riba da media da provincia, que este xoves foi dun 6%, a mesma que no conxunto de Galicia.

Tamén aumentan os rexistros en Vilar de Santos, que pasa de 4 a 8 casos, e Sandiás, de 7 a 9. Son cifras pequenas, mais en ningún dos outros oito concellos da Limia houbo variación á baixa. Todos eles seguen igual que onte. A tendencia ao incremento dos casos mantense desde hai unha semana na Limia.

Así están os rexistros
BALTAR  (variación =) 3 (activos)
OS BLANCOS  (=) 0
CALVOS DE RANDÍN (=) 3
PORQUEIRA  (=) 5
RAIRIZ DE VEIGA (=) 2
SANDIÁS (+2) 9
SARREAUS (=) 1
TRASMIRAS  (=) 6
VILAR DE BARRIO (=) 5
VILAR DE SANTOS  (+4) 8
XINZO DE LIMIA  (+15) 114

Polo que respecta a Xinzo, a capitalidade volve ás cifras de principios de ano, cando pasou do centenar nun día xusto ao comezar o 2022. 

Ademais, os casos detectados nos últimos sete días van en aumento. Na estatística de onte eran 83; na de hoxe, 92. Desde o martes, 20 máis. Isto quere dicir que nos primeiros días de marzo, os positivos por covid volveron remontar. En localidades como Allariz, O Carballiño e O Barco a incidencia acumulada é menor. Só en Verín, cunha cifra de 121 novos contaxios en sete días, presenta unha situación peor.

No conxunto da provincia, o número de contaxios activos aumentou hoxe en 151 casos até alcanzar un total de 2.655. O incremento deste xoves foi dun 6%, a mesma porcentaxe que no conxunto do país, con 18.561 casos activos hoxe.

CORONAVIRUS A LIMIA | Os casos activos soben outro 15% en Xinzo, que volve aos niveis...